InicioLugo e contornaLugoDetidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

Detidos dous homes por violencia de xénero en Lugo

Unha das vítimas encerrouse na vivenda e explicou á Policía que a súa parella xa agredira anteriormente a ela e ao bebé que teñen en común

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo detivo na madrugada do domingo a dous homes por violencia de xénero, en senllos episodios similares ocorridos en domicilios. O primeiro deles sucedeu sobre as 4.15 horas, cando a sala do 092 recibiu o aviso por parte do fillo da muller agredida. Os efectivos do Grupo Operativo Nocturno acudiron ao lugar e contactaron por separado cos implicados.

A muller, segundo o parte de incidencias do Concello de Lugo, manifestou que minutos antes discutira coa súa parella e que o home a insultou e agarrou fortemente do brazo, algo que ocorría “con frecuencia desde hai meses”. O fillo da vítima corroborou que o home agredía “con frecuencia” á súa nai e mostrou unha fotografía de meses atrás na que ela aparecía cunha lesión no brazo. O outro fillo da muller, de cinco anos de idade, estaba no lugar “en evidente estado de nerviosismo”.

Pola súa banda, o home declarou que se asustaron “porque durante as discusións el berra moito, pero que non pasou nada máis”. Con todo, a Policía Local procedeu á súa detención e traslado a dependencias policiais para a tramitación das correspondentes dilixencias. A muller, relata o Concello, non quixo ser trasladada a un centro sanitario.

SEGUNDO EPISODIO

Ao intre, ás 5.00 da madrugada do domingo, outros indicativos do Grupo Operativo Nocturno acudiron a outro domicilio da cidade por un requirimento similar. Neste caso, o home estaba no exterior da vivenda pero os axentes mantivérono controlado ata pescudar o ocorrido.

A muller, desde o interior, explicou que discutira coa súa parella nun bar e que se encerrou na habitación porque non era a primeira vez que o home a agredía, tanto a ela como ao bebé que ambos teñen en común. De feito, os axentes observaron que a porta da estancia presentaba signos evidentes de ser golpeada. Por todo iso, os axentes detiveron ao home, que foi trasladado a dependencias policiais para a tramitación das dilixencias correpondientes.

ÚLTIMAS

Cae unha rede que extorsionaba homes en webs de citas sexuais

A Garda Civil detivo a unha persoa e investiga a outro catro acusadas de...

Perdera o carné por orde xudicial e seguía conducindo

A Policía Local de Lugo denunciou, por un delito contra a seguridade viaria, a...

Detido en Lugo por agredir á súa exparella na entrada dun local nocturno

A Policía Local de Lugo detivo a un home de 42 anos de idade...

O queixo Don Crisanto, de Vilalba, coroado como o mellor de España en 2025

O queixo Don Crisanto, da Denominación de Orixe Protexida (DOP) San Simón da Costa, elaborado pola...