InicioSucesosDetidos en Lugo dous homes que puxeron cinco vehículos a nome doutra...

Detidos en Lugo dous homes que puxeron cinco vehículos a nome doutra persoa, que recibía recibos e multas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detiveron en Lugo a dúas persoas como autores dun delito de falsificación e estafa, por pór a nome dun terceiro ata cinco vehículos e cargarlle as facturas, recibos e multas.

Os feitos foron denunciados nas dependencias da Policía Nacional da rúa Chantada pola vítima, que fora estafada por unha cantidade importante de diñeiro. Os detidos puxeran ao seu nome ata a cinco vehículos e cargáronlle os impostos e recibos, así como as posteriores denuncias que se xeraron pola circulación dos mesmos.

A cantidade debida era tan elevada que chegou a procederse ao embargo dos ingresos da denunciante, ao estar ao seu nome os vehículos e facturas. Unha vez analizada a documentación e realizadas as dilixencias necesarias, púidose determinar que os dous detidos incorrerían en senllos delitos de suplantación de identidade e estafa, polo que se procedeu á súa detención e posta a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O Museo dedicado a Forges na Fonsagrada recibirá 40.000 € da Deputación

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Fonsagrada,...

Continúa aberto o prazo do concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera

O luns día 20 de xaneiro finaliza o período de inscrición no 'VIII Concurso...

Liberdade para os dous acusados da agresión sexual a unha menor de 16 anos na noite de Fin de Ano en Lugo

Os dous homes de 24 anos acusados de agredir sexualmente a unha menor a...

Investigan unha serie de roubos en vivendas da cidade durante as festas de Nadal

A Policía Nacional investiga a conexión entre varios roubos que se produciron en diferentes domicilios da...