InicioSucesosDetido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

O home, investigado por varios delitos de índole sexual, queda en liberdade con medidas cautelares que lle impiden achegarse ás dúas mulleres afectadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade lucense de Becerreá, como presunto autor de agresións sexuais a dúas das traballadoras da organización humanitaria que lles presta asistencia.

Segundo fontes coñecedoras do suceso consultadas por Europa Press, a detención produciuse este venres tras as denuncias interpostas polas vítimas. Na mañá deste sábado foi posto a disposición do xulgado de Becerreá.

A ONG, segundo fontes da Delegación de Goberno en Galicia consultadas por Europa Press, á marxe da decisión do xuíz, abriu un expediente a esta persoa e procederase á expulsión do seu lugar de acollida.

POSTA EN LIBERDADE 

Un Xulgado de Becerreá decretou a posta en liberdade para un home, das persoas migrantes que acolle a localidade, investigado por dous delitos de acoso e un de agresión sen violencia, a dúas das traballadoras da organización humanitaria que lles presta asistencia.

Segundo informaron fontes xudiciais, respecto dunha denunciante o home está investigado por un delito de agresión sexual e outro de acoso. Con respecto á outra muller, está investigado como presunto autor dun delito de acoso. O home, que foi detido este venres, ten prohibido aproximarse ás dúas mulleres.

ASISTENCIA

Pola súa banda, fontes da consellería de Política Social, detallaron a Europa Press que a Xunta xa puxo en marcha o protocolo de psicólogos para que preste o servizo necesario ás dúas mulleres.

Ademais, a Administración galega contactará con ambas as traballadoras que, de acordo coa lei de violencia de xénero, son vítimas de violencia de xénero e ofreceranlle as axudas e programas destinados a iso, detallaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...