InicioTerra CháGuitirizControlado o incendio iniciado nunha palleira dunha explotación gandeira en Guitiriz

Controlado o incendio iniciado nunha palleira dunha explotación gandeira en Guitiriz

Á primeira hora da tarde continuaban as tarefas para retirar os rolos do interior

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os bombeiros de Vilalba deron por controlado o incendio que comezaba na mañá deste venres nunha palleira de grandes dimensións dunha explotación gandeira en Guitiriz. Mentres tanto, segundo informa o 112 Galicia, á primeira hora da tarde continuaban as tarefas para retirar os rolos do interior das instalacións cunha pa mecánica.

Era un particular quen alertaba á central de emerxencias, dez minutos antes das 10.00 horas, de que ardía unha palleira de grandes dimensións no lugar de Rego Pequeno, en Vos Vilares.

De inmediato, o 112 solicitou a acción dos bombeiros de Vilalba, dos do GES de Friol-Pas e de Curtis, da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Guitiriz.

Tamén colaboran no operativo o persoal do distrito forestal da zona, da Consellería de Medio Rural, e o propio Concello, que facilitou unha das pas mecánicas.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido un mozo en Lugo por unha suposta agresión sexual

Un home de 18 anos atópase detido en dependencias policiais acusado dunha suposta agresión...

Aberta a circulación de trens na variante da Pobra de San Xiao

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a través de Adif, puxo en explotación...

A Deputación reclama á Xunta un novo modelo de emerxencias na área da Montaña

  O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes aprobou instar á Xunta de...