A Policía Nacional detivo a seis homes, veciños de Lugo, como autores dun delito contra a seguridade dos traballadores por ter empregadas a persoas “sen cumprir as condicións legalmente establecidas”.
Segundo informa, tras ter coñecemento dunha posible práctica laboral ilegal, os investigadores puxeron en marcha unha operación para comprobar a veracidade dos feitos e confirmaron que os agora detidos tiñan traballando a terceiras persoas “sen ningún tipo de requisito legal cumprimentado“.
O traballo, explica, consistía na repartición a domicilio a través dunha plataforma en liña onde recibían e realizaban os pedidos. Na mesma, figuraban como titulares os detidos, que se estaban dados de alta legalmente, pero o traballo realizábano persoas “sen cumprir as condicións legalmente establecidas”.
Por este motivo, os axentes da Policía Nacional procederon á detención do seis involucrados como autores dun delito contra a seguridade dos traballadores, os cales foron postos a disposición xudicial.