InicioSucesosA Garda Civil investiga a 11 persoas por un perigoso concurso de...

A Garda Civil investiga a 11 persoas por un perigoso concurso de derrapes en Castroverde

As conducións temerarias, incluíndo derrapes e queima de roda, foron difundidas en redes sociais, o que levou á apertura dunha investigación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a once persoas por participar nun concurso de derrapes de vehículos celebrado este verán no centro urbano de Castroverde, na provincia de Lugo. A concentración pretendía “aglutinar aos amantes de vehículos tunning deportivos, motocicletas e todoterreo”, segundo informa.

Despois da celebración do evento, engade, os autores subiron varios vídeos ás redes sociais coas “conducións temerarias efectuadas polos condutores asistentes onde realizaban derrapes e queima de roda“.

Así mesmo, apunta que nestas conducións “en ocasións o acompañante viaxa coa porta aberta sacando o corpo ao exterior, con perigo para a súa integridade física e a seguridade do tráfico e a dos asistentes”.

A Benemérita explica, ademais, que nos vídeos obsérvase como á hora de realizar os derrapes hai “numerosos peóns preto do vehículo, nunha zona de acceso libre a pé, sen barreiras nin medidas de seguridade“.

INVESTIGACIÓN

Tras ver as imaxes, a Garda Civil iniciou unha investigación para determinar o día, hora, lugar e matrícula dos vehículos utilizados, identidade dos condutores e das persoas promotoras do evento.

Finalmente, os axentes conseguiron identificar a tres turismos e un quad xunto aos seus condutores, así como a dúas persoas como organizadores da concentración e outro cinco máis como colaboradores.

O once persoas, condutores, organizadores ou colaboradores, están investigadas como supostos autores dun delito contra a seguridade viaria. As dilixencias policiais foron postas a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Garda de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...