InicioSucesosDetido un home acusado de apuñalar a outro ás portas dun local...

Detido un home acusado de apuñalar a outro ás portas dun local de lecer nocturno da rúa Amor Meilán

A vítima permanece ingresada, pero está fóra de perigo, segundo confirmaron fontes sanitarias.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Efectivos da Policía Nacional detiveron este luns en Lugo a un home acusado de agredir cun coitelo a outro nunha liorta ocorrida na madrugada do domingo. En concreto, os feitos tiveron lugar ás portas dun local de lecer nocturno situado na rúa Amor Meilán, onde se iniciou unha discusión entre os dous homes. Nun momento dado, un deles sacou un coitelo e infrinxiu feridas ao outro.

A vítima foi trasladada ao Hospital Lucus Augusti, ademais de por os cortes, para ser asistido dun golpe que se deu na cabeza ao caer ao chan. Permanece ingresado, pero está fóra de perigo, segundo confirmaron fontes sanitarias. Foi a noiva do novo agredido a que denunciou os feitos, que se están investigando. A arma coa que supostamente se produciu a agresión foi localizada por persoal municipal de limpeza e entregada á Policíal.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...