InicioSucesosFalece un home de 62 anos tras chocar o seu vehículo contra...

Falece un home de 62 anos tras chocar o seu vehículo contra unha árbore en Abadín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 62 anos faleceu á primeira hora deste sábado nun accidente de tráfico rexistrado na localidade lucense de Abadín, cando se saíu da estrada co seu todoterreo e chocou contra unha árbore. Segundo informou o CIAE 112-Galicia e a Garda Civil, o suceso ocorreu pouco despois das 8:00 horas na estrada LU-P-0108, ao seu paso pola parroquia de Castromaior.

Tras recibir a alerta por parte de varias testemuñas, ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Vilalba e persoal sanitario do 061. Con todo, cando conseguiron acceder ata o home, só puideron certificar o seu falecemento. No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...