InicioSucesosInterceptado un condutor borracho que fuxiu tras ter un accidente cun neno...

Interceptado un condutor borracho que fuxiu tras ter un accidente cun neno no asento dianteiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor foi interceptado tras verse implicado nun accidente de circulación na confluencia da Avenida da Coruña coa rúa Monte Faro e abandonar o lugar. O home, circulaba cun o seu fillo menor de idade.

Segundo informou este luns a Policía Local, o suceso tivo lugar na noite do pasado 12 de xullo, cando un equipo de Atestados acudiu ao momento tras ter coñecemento de que un dos condutores implicados abandonara o lugar sen facilitar a súa identidade.

Os axentes comprobaron como no lugar do accidente só había un turismo, cuxa condutora explicou que o condutor do outro vehículo, que chocou contra o da súa propiedade golpeándoo na parte posterior, levaba na parte dianteira do vehículo a un menor que, tras o accidente situou no parte posterior. Ademais, segundo o relato policial, negouse a colaborar ou facilitar os seus datos.

Unha vez facilitados os datos do vehículo fuxido ás patrullas, os efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local localizárono na Avenida da Coruña, onde observaron que no asento traseiro viaxaba un neno de seis anos, que resultou ser fillo do condutor.

O home presentaba síntomas de embriaguez, polo que foi sometido ás probas de alcoholemia, nas que arroxou un resultado positivo de 0,69 mg/l, polo que se lle instruíron dilixencias por delito contra a seguridade viaria. Os axentes contactaron coa nai do menor, que residen nunha localidade próxima a Lugo, á que foi conducido polos axentes. Alí, a nai se fixo cargo do neno, que non resultou ferido. Pola súa banda, a condutora e unha ocupante do outro vehículo acudiron polos seus propios medios a un centro médico.

ÚLTIMAS

Dous detidos por causar 17 incendios forestais en parroquias de Vilalba

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de...

Cristina Lombao será a pregoeira do San Froilán 2025 e Branca Villares lerá a ofrenda a Rosalía

A xornalista Cristina Lombao será a encargada de pronunciar o pregón do San Froilán 2025,...

Lugo lanza 640 accións formativas para impulsar a dixitalización no rural

A Deputación de Lugo pon en marcha este mes o programa “E para dixitalizarse...

Varias denuncias de lucenses vítimas dunha estafa piramidal con criptomoedas

Numerosos veciños de Lugo e da provincia denunciaron ser vítimas dunha estafa piramidal vinculada á...