InicioAncaresBecerreáUn incendio calcina por completo unha vivenda nunha aldea de Becerreá: "Afortunadamente...

Un incendio calcina por completo unha vivenda nunha aldea de Becerreá: “Afortunadamente non houbo desgrazas persoais”

Un veciño dun pobo próximo deu a voz de alarma pero os operarios non puideron facer nada por salvar o inmoble.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio calcinou por completo este luns unha casa na aldea de Pando, pertencente á parroquia de Veiga, no municipio lucense de Becerreá, na que vivían dous irmáns pero que se atopaba baleira cando se iniciou lume, polo que non houbo que lamentar danos persoais. Un veciño dunha aldea próxima deu a voz de alarma ao redor das 8.45 horas da mañá e o Concello de Becerreá mobilizou todos os medios ao seu alcance para tratar de extinguir as chamas, pero cando os operarios chegaron ao lugar, a casa atopábase xa totalmente calcinada.

Os primeiros en personarse no lugar do sinistro foron efectivos da Garda Civil, aos que seguiron os operarios da carroceta de extinción municipal e, finalmente, un equipo de bombeiros de Sarria. “Era a primeira casa do pobo e estaba un pouco afastada das outras. No pobo vive xente maior e non se decataron, ninguén se deu conta e cando chegamos xa ardera todo. Só quedaban en pé as paredes. Afortunadamente non houbo desgrazas persoais”, relatou, en declaracións a Europa Press, o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

SEN DANOS PERSOAIS

O domicilio sinistrado era a vivenda habitual de dous irmáns que non se atopaban no lugar dos feitos cando se iniciou o lume. Un deles estaba ingresado no hospital e o outro non se achaba tampouco no inmoble. Por fortuna, as chamas non chegaron a propagarse aos alpendres contiguos á vivenda. As primeiras pescudas apuntan a que un curtocircuíto puido provocar o lume e a que a vivenda comezou a arder durante a noite xa que cando os efectivos de extinción de incendios chegaron ao lugar dos feitos o inmoble atopábase xa totalmente devastado.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...