InicioSucesosDetido un home en Monterroso por roubar nunha oficina de Correos

Detido un home en Monterroso por roubar nunha oficina de Correos

Levouse catro paquetes dunha empresa de mensaxería e unha caixa forte.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo na localidade lucense de Monterroso a un home de Lalín como presunto autor dun roubo con forza no interior dunha oficina de Correos. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos sucederon en febreiro cando a persoa detida, de 32 anos, tras fracturar o bombín da porta de entrada ao establecemento, accedeu ao seu interior e subtraeu catro paquetes dunha empresa de mensaxería e un caixón cunha caixa forte no seu interior.

Desta forma, os axentes iniciaron unha investigación policial e detiveron ao presunto autor coa mesma roupa e calzado que, supostamente, utilizou o día do feito delituoso. Ademais, recuperaron parte dos efectos subtraídos e o detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Chantada.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...