InicioSucesosUnha 'quedada' nocturna de coches en Lugo, cuns 350 participantes, sáldase con...

Unha ‘quedada’ nocturna de coches en Lugo, cuns 350 participantes, sáldase con cinco condutores denunciados

Unha conductora logra reducir a un motoristo que chocou contra o seu coche e quixo fuxir.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou dun dispositivo de vixilancia e control despregado este fin de semana con motivo dunha ‘quedada’ nocturna de coches no aparcadoiro dun centro comercial da cidade, e que se saldou con 5 condutores denunciados.

Así, fontes policiais explicaron que, con motivo deste evento, no que se concentraron uns 350 participantes, mobilizáronse varios indicativos do 092 e un vehículo camuflado, con apoio de dispositivos con cámaras.

Como resultado do operativo, un condutor foi denunciado por non pasar a ITV no prazo regulamentario, e outro máis foi denunciado por circular de forma “manifestamente temeraria“, póndose en perigo el e ao resto de usuarios da vía. Este condutor foi perseguido por unha patrulla, que chegou a alcanzar unha velocidade de 134 km/h, e foi finalmente denunciado por un suposto delito contra a seguridade viaria.

Por outra banda, tamén foron denunciados outro tres condutores por circular de forma neglixente, dous deles por derrapar na zona de aparcadoiro e outro facer ‘trompos’ nunha glorieta próxima.

DENUNCIAS

Por outra banda, axentes da Policía Local de Lugo denunciaron ao condutor dunha moto, que se viu implicado nunha colisión e tentou fuxir do lugar, e que circulaba en sentido contrario, sen carné e baixo os efectos das drogas.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde do venres, cando o motorista, repartidor de comida a domicilio, circulaba en sentido contrario pola rúa Cidade de Vigo e chocou contra un turismo. Tras a colisión, o motorista tratou de darse á fuga, pero a condutora do turismo perseguiuno e logrou retelo ata a chegada da Policía Local.

ÚLTIMAS

O Concello dá luz verde á remodelación do Anxo Carro e adxudica 22 postos na Praza de Abastos

O Concello de Lugo aprobou na xunta de goberno local a licenza urbanística que...

Permanecen na UCI o condutor e os dous menores feridos o accidente de Xermade no que morreu unha muller

O condutor do vehículo accidentado este luns no municipio lucense de Xermade, no que...

Os veciños que pelexaron por un cabalo en Xermade pactan antes do xuízo e ningún irá ao cárcere

Os dous veciños da localidade lucense Xermade que se encerellaron nunha violenta pelexa por un...

Policías e gardas civís de Galicia concéntranse en Lugo contra o “abandono” do Ministerio do Interior

Un grupo de policías e gardas civís de Galicia manifestáronse este martes diante da...