InicioA UlloaMonterrosoA CSIF denuncia a agresión a un funcionario do Centro Penal de...

A CSIF denuncia a agresión a un funcionario do Centro Penal de Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

CSIF Galicia denunciou unha nova agresión “grave” a un funcionario de prisións do Centro Penal de Monterroso que tivo que recibir asistencia médica tras sufrir unha contusión na cabeza despois de ser golpeado por un interno “que presumiblemente se atopaba baixo os efectos de sustancias estupefacientes”.

Ante isto, o sindicato CSIF volveu a esixir a Institucións Penais que adopte as medidas necesarias para evitar este tipo de incidentes.

En concreto, demandou que se poña en marcha unha política de traslado de internos acorde ás características de cada centro. Neste sentido, CSIF explicou nun comunicado que Monterroso é un centro penal clasificado como Grupo C, é dicir, para albergar a poboación recluída con baixo perfil conflitivo, en réxime de semilibertad, algo que, asegurou, “está a incumprirse”.

Á espera da recuperación do funcionario, CSIF confía en que este sexa o último suceso destas características e a Dirección Xeral de Execución Penal e Reinserción actúe propondo o traslado a outros centros dos internos que non reúnen o perfil do grupo C, de tal maneira que Monterroso acolla os perfís idóneos ás súas características e recursos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...