InicioSucesosCalcinada unha vivenda nun lume en Antas de Ulla, aínda que sen...

Calcinada unha vivenda nun lume en Antas de Ulla, aínda que sen rexistrarse feridos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un incendio calcinou case por completo o primeiro piso dunha vivenda na localidade lucense de Antas de Ulla, aínda que os ocupantes lograron saír e ninguén resultou ferido, informou o CIAE 112 Galicia.

A alerta foi dada sobre as 21,00 horas deste xoves por un veciño, que informou de que había unha casa ardendo na Avenida de Lugo deste municipio. Segundo relatou, o lume puido iniciarse na cheminea da vivenda e propagarse polo piso superior, e tamén confirmou que todos os ocupantes saíra do inmoble e estaban ilesos.

O 112 trasladou o aviso aos bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil. Os efectivos de extinción traballaron durante varias horas ata extinguir as chamas e confirmaron que o incendio calcinara o primeiro piso da vivenda, onde arderon varias habitacións.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...