InicioSucesosDous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por...

Dous menores e a súa nai, trasladadas con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono en Monterroso

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dous menores e a súa nai tiveron que ser evacuadas na madrugada deste venres con síntomas de intoxicación por monóxido de carbono, probablemente provocados por unha mala combustión dunha caldeira na súa casa de Monterroso.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu na parroquia de Esporiz pouco despois das 2,00 da madrugada. Nese momento, Urxencias Sanitarias-061 informaba á central de emerxencias de que había un posible escape de gas nunha vivenda e que unha nai e dúas fillas podían sufrir unha intoxicación.

Seguidamente, o 112 puxo en alerta aos bombeiros de Chantada, ao GES de Monterroso e á Garda Civil. Ao chegar á casa, situada en rúa Nova, ventilaron o inmoble e fixeron as correspondentes medicións.

Desta maneira, puideron confirmar que a mala combustión da caldeira que había na vivenda podía ser a causa da intoxicación. Os tres afectadas foron derivadas ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...