InicioSucesosMorre o condutor dun coche tras chocar cunha furgoneta na Pastoriza

Morre o condutor dun coche tras chocar cunha furgoneta na Pastoriza

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor de 81 anos de idade, faleceu este luns tras chocar o coche no que viaxaba cunha furgoneta, no municipio lucense da Pastoriza. Segundo informaron fontes do CIAE 112 Galicia e da Garda Civil de Lugo, o accidente ocorreu sobre as 18.20 horas no quilómetro 60 da N-640, na parroquia de Fonmiñá.

Varios particulares contactaron con Emerxencias para informar de retencións nesa vía porque un coche acababa de chocar frontalmente contra un furgón. Desde o 112 informouse a Urxencias Sanitarias-061, bombeiros de Vilalba, GES da Pontenova, Garda Civil de tráfico e o servizo de mantemento da estrada. Os efectivos de bombeiros tiveron que excarcerar o corpo do condutor do turismo, pero os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Así mesmo, o ocupante da furgoneta resultou ferido.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...