InicioSucesosDetidos dous homes por 28 roubos en locais e naves industriais de...

Detidos dous homes por 28 roubos en locais e naves industriais de toda España, entre eles catro bares en Lugo

A Garda Civil concluíu que estes roubos eran o modo de vida dos dous sospeitosos e do seu grupo familiar, aos que non se lles coñece outra fonte de ingresos. Así, ambos levaban unha "vida aparentemente normal", con parellas sentimentais e fillos nas súas localidades de residencia. Os sospeitosos planeaban con tempo os seus roubos, buscando establecementos apartados e con boas comunicacións por estrada, e así foron actuando en diferentes provincias por todo o territorio nacional.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil detivo a dous homes de 35 e 39 anos de idade, que operaban de forma itinerante por diversas provincias, cometendo presuntamente roubos con forza en locais hostaleiros, estancos, farmacias, naves industriais e outros establecementos públicos, entre eles, catro bares na provincia de Lugo. Segundo informaron fontes da Comandancia, a investigación, bautizada como Operación Caila, comezou por mor de catro roubos cometidos en senllos bares das localidades lucenses de Baralla e As Nogais.

As pescudas permitiron identificar os sospeitosos, e vinculalos con case unha trintena de roubos cometidos nas provincias de León, Zamora, Toledo, Madrid, Zaragoza, Valladolid, Cidade Real e Valencia. As detencións producíronse en Aranxuez (Madrid), cando os dous sospeitosos regresaban en coche á súa residencia, camiño do lugar onde ocultaban os efectos roubados, e os dous foron postos xa a disposición xudicial.

No rexistro do vehículo no que viaxaban, os axentes atoparon máis de 4.000 euros en efectivo, en billetes e moedas (posiblemente procedentes das máquinas recreativas violentadas), 160 paquetes de tabaco, e diferentes ferramentas profesionais, todo iso subtraído no seu último ‘golpe’.

A Garda Civil puido corroborar a procedencia dos obxectos roubados, que foron recoñecidos polos seus lexítimos propietarios, e procedeuse á súa devolución. Tamén se puido comprobar que o tabaco fora vendido por un estanco a un local, onde se produciu o roubo. Os investigadores estiman que o beneficio obtido polos delincuentes nos seus asaltos ascende a uns 36.000 euros, mentres que as ferramentas roubadas en naves industriais foron valoradas nun total de 21.000 euros.

MODUS OPERANDI

Os dous detidos elixían establecementos en localidades apartadas de núcleos de poboación, preto de vías de comunicación para facilitar a súa fuxida. Para desprazarse utilizaban sempre o mesmo vehículo, propiedade dun deles, feito que chamou a atención da Garda Civil, xa que este tipo de delincuentes adoitan usar coches de terceiros para que non se lles vincule aos roubos.

En todo caso, os supostos ladróns evitaban circular preto dos lugares onde se cometían os roubos, e estacionaban a certa distancia, desprazándose daquela a pé. Nalgún caso, chegaron a deixar o vehículo a 5 quilómetros do lugar do roubo. Cando entraban nos establecementos facíano vestidos con roupa de traballo das naves onde ían roubar, con luvas e ocultando os seus rostros.

MODO DE VIDA

A Garda Civil tamén concluíu que estes roubos eran o modo de vida dos dous sospeitosos e do seu grupo familiar, aos que non se lles coñece outra fonte de ingresos. Así, ambos levaban unha “vida aparentemente normal”, con parellas sentimentais e fillos nas súas localidades de residencia. Os sospeitosos planeaban con tempo os seus roubos, buscando establecementos apartados e con boas comunicacións por estrada, e así foron actuando en diferentes provincias por todo o territorio nacional.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...