InicioSucesosMultado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico que circulaba ebrio

Multado en Lugo o condutor dun patinete eléctrico que circulaba ebrio

Unha condutora resultou ferida leve ao saírse da vía e impactar cun farol

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local sancionaron en Lugo ao condutor dun patinete eléctrico que presentaba signos de embriaguez, segundo informa no seu parte de incidencias. En concreto, explica que foi na rúa Vilalba e que o condutor se negou a someterse á proba de alcoholemia. Os axentes abríronlle expediente sancionador cunha multa de mil euros.

Por outra banda, ao redor dunha decena de condutores foron denunciados por delitos contra a seguridade viaria, segundo explica en relación ao período comprendido entre o 28 de abril e o 1 de maio.

CONDUTORA FERIDA

Por outra banda, na tarde do 28 de abril unha condutora tivo un accidente ao saírse da rotonda, na avenida Benigno Rivera, e impactar contra un farol. Á chegada dos axentes, explicoulles que tivese un descoido. A muller presentaba unha lesión, de carácter leve, nunha das mans, e foi asistida por unha dotación sanitaria do 061.

ÚLTIMAS

Novas obras no viaduto do Castro provocarán afectacións ao tráfico a partir deste luns

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable inicia este luns os traballos para impermeabilizar o...

A XXI Feira Medieval de Monforte xa está aquí

Ademais dos atractivos doutras edicións, como son os numerosos postos e paradas que haberá...

Falta de pediatras na Fonsagrada, Baleira e Castroverde

A asociación de consumidores Facua en Galicia dirixiuse ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para denunciar a "falta...

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...