InicioSucesosPesar no Club Deportivo Lugo tras a agresión a un dos xuvenís...

Pesar no Club Deportivo Lugo tras a agresión a un dos xuvenís que o deixou na UCI

A familia xa presentou denuncia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Gonzalo Cuéllar, un xogador de 18 anos do equipo Xuvenil División de Honra do Club Deportivo Lugo, atópase na unidade de coidados intensivos (UCI) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) tras sufrir unha agresión na madrugada do sábado ao domingo.

Segundo informan fontes consultadas por Europa Press, houbo unha chamada sobre as 6,25 horas da mañá do domingo para solicitar asistencia por este episodio ocorrido na contorna da rúa Clérigos e Fernando de Casas Novoa.

O 061-Urxencias Sanitarias enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital avanzado para atender ao novo futbolista e trasladalo, posteriormente, ao HULA, onde ingresou na UCI e presenta unha “evolución favorable”, segundo destaca nun comunicado o club de fútbol.

Gonzalo Cuéllar é irmán do xogador do CD Lugo Jaume Cuéllar. Tras este suceso, o conxunto lucense envía todo o seu “apoio e forza” á vítima e á familia: “O club atópase xunto a eles e en contacto constante”. “A familia ‘albivermella’ únese para arroupar a Gonzalo, a Jaume e á súa familia neste complicado momento e condena enerxicamente, como non podía ser doutra maneira, este deleznable suceso”, conclúe o Lugo.

A familia presentou denuncia ao longo da xornada do domingo ante a Policía Nacional, que mantén aberta unha investigación para esclarecer os feitos.

ÚLTIMAS

Protesta cidadá en Parga pola falta de médicos durante o mes de decembro

Veciños e veciñas de Guitiriz, xunto coa corporación municipal, concentráronse este venres fronte ao...

Os xulgados de Lugo poñen en marcha unha nova campaña solidaria de alimentos para bebés

O Decanato dos xulgados de Lugo comeza este venres e ata o próximo día...

O alcalde de Lugo e a concelleira María Reigosa negan unha “crise interna” e levarán xuntos Medio Rural

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a concelleira María Reigosa compareceron este venres...

Unha balsa ilegal de xurros causa unha catástrofe ambiental no Landro

A Garda Civil investiga ao administrador único dunha explotación gandeira situada en Muras como...