InicioSociedadeDenuncian unha nova agresión a unha funcionaria na prisión de Bonxe

Denuncian unha nova agresión a unha funcionaria na prisión de Bonxe

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Profesional de Funcionarios de Prisións (APFP) denunciou unha nova agresión na prisión de Bonxe. Segundo trasladou nunha nota de prensa, neste caso foi unha funcionaria a que, na mañá deste luns, foi agredida por unha interna recentemente chegada ao centro.

Tal e como relata a Asociación, esta interna, no momento de ser cacheada, “mostrou un estado moi agresivo”. “Comeza unha retahíla de insultos de todo tipo contra a funcionaria e cando é requirida pola compañeira para que cese na súa actitude hostil, no canto de moderarse, lánzase a por ela, agarrándoa polo pelo e zarandeándoa, repetidas veces, non parando de ameazala mentres o fai”, detalla.

Ante esta situación, explica, outros funcionarios colaboraron para illar á interna no departamento de Mulleres do centro, onde os servizos médicos “administráronlle un tranquilizante para lograr acougala” A Asociación afirmou que as lesións da funcionaria “non revisten gravidade” e desexoulle unha “pronta recuperación, máis psíquica que física”.

Así, condenou “outra agresión a un compañeiro”, tras as producidas “o 20 de febreiro e o 10 de marzo”. Por iso, lembrou que as prisións de Bonxe e Monterroso “son catalogadas como tipo C”, polo que “os internos non deberían ser conflitivos” e esta interna procedía do cárcere da Lama, “catalogada como tipo A”.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

As vilas termais enxalzan en Guitiriz o potencial de Galicia, “principal destino termal de España”

A localidade luguesa de Guitiriz reuniu ás principais vilas termais galegas, que reivindicaron o...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...