InicioCultura(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Carreiras de bigas e salto a cabalo dun aro de lume, entre as probas que seis intrépidos gladiadores tiveron que enfrontar.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o circo romano. A explanada do pavillón municipal converteuse este sábado nunha area de combate romana, recreando unha sorte de Xogos Olímpicos. Carreiras de bigas e salto a cabalo dun aro de lume foron dúas das probas que fixeron tolear ao público. Seis intrépidos gladiadores enfrontábanse en tres equipos e non faltaron as pelexas e ‘picadas’ entre eles e co público do equipo contrario. Case dúas horas de espectáculo que remataron coa vitoria do equipo azul e con Arturus Británicus, un dos representantes do equipo branco, espertando paixóns entre os asistentes.

E máis aló do circo, o desfile das tropas ao redor da muralla paralizou a cidade a última hora da tarde: centos e centos de persoas ataviadas de época, xa fose de xente do común ou de soldados romanos, paseáronse pola ronda da Muralla, facendo as delicias de todos aqueles que os atopaban ao ser paso. A música tamén foi a raíña da festa, en especial os tambores, que non deixaron de soar en ningún momento, acompañando desfiles e amenizando comidas. Ademais, non hai que esquecerse dos campamentos romanos, onde os asistentes poden coñecer de primeira man como era a vida durante a época romana.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

A xuízo un home por agresión sexual á súa exparella cando esta decidiu deixar a relación

A Audiencia Provincial de Lugo xulgará o vindeiro xoves, día 12, a un home...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...