InicioSucesosDetido un home de 49 anos polo roubo dun robot cortacéspede en...

Detido un home de 49 anos polo roubo dun robot cortacéspede en Mondoñedo

Cando foi detido, o home trataba de poñer en marcha o aparello

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Mondoñedo a un veciño de Pontevedra, de 49 anos de idade, acusado de roubar un robot cortacéspede de propiedade municipal o pasado 20 de marzo. Segundo trasladou o Instituto Armado, o presunto autor foi localizado co obxecto roubado no municipio de Trabada. Cando foi detido, o home trataba de pór en marcha o aparello.

Xa en sede policial, o detido confesou o roubo “ante as evidencias mostradas”. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº un de Mondoñedo.

INVESTIGADO POR UN INCENDIO FORESTAL

Por outra banda, a Garda Civil de Lugo tamén informou da imputación en calidade de investigado do suposto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado 19 de febreiro na parroquia de San Juan de Arroxo, en Baralla.

Nunha nota de prensa, a Garda Civil explicou que se constata que o incendio se ocasionou por unha imprudencia grave na queima de residuos forestais, “vulnerando a lexislación sectorial de Galicia para realizar este tipo de queimas”. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Becerreá (Lugo).

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...