InicioSucesosIdentifican ao responsable dunha vertedura de residuos perigosos

Identifican ao responsable dunha vertedura de residuos perigosos

O presunto autor xa fora denunciado con anterioridade por ter un taller dedicado á compravenda ilegal de vehículos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica esclareceron a autoría dunha vertedura de residuos perigosos localizado o pasado xaneiro nun monte da parroquia de Bocamaos, no Concello de Lugo.

O presunto autor, informa a Xunta, xa fora denunciado con anterioridade por ter un taller dedicado á compravenda ilegal de vehículos. As investigacións da Policía Autonómica permitiron, primeiro, localizar a propietarios dos vehículos e, posteriormente, ás persoas que llos venderon.

No vertedoiro atopáronse pezas e documentación de vehículos, así como restos de envases, como latas de aceite e botes de pintura e disolventes. A documentación localizada permitiu aos axentes pescudar que se trataba de vehículos exportados de Romanía e vendidos en España.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...