InicioSucesosFerido un condutor despois de envorcar co seu vehículo en Begonte

Ferido un condutor despois de envorcar co seu vehículo en Begonte

Os equipos de emerxencia tiveron que excarcerar ao ferido

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar ao condutor dun vehículo que resultou ferido tras envorcar co seu vehículo na estrada LU-P-0801, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Trobo, no municipio lucense de Begonte.

Segundo trasladou o 112, pouco despois das 20,00 horas un particular alertou á central de emerxencias de que un vehículo acababa de sufrir unha saída de vía na zona do campo de fútbol de Saavedra.

O condutor permanecía no interior e nin el nin o propio alertador, que se achegou para auxilialo, eran capaces de abrir a porta. Así, os operadores do 112 solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES de Friol-Pas e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Xa no lugar, os equipos de emerxencia procederon a excarcerar ao ferido, que foi trasladado polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha muller en Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma dun tractor

O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir...

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...