InicioSucesosPrisión para o detido polo apuñalamento nun pub de Vilalba este fin...

Prisión para o detido polo apuñalamento nun pub de Vilalba este fin de semana

A xuíza tivo en conta, á hora de envialo a prisión, a "gravidade da pena" á que podería ser condenado por estes feitos e o "risco de fuga"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba  acordou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza para o detido como presunto autor do apuñalamento rexistrado o pasado fin de semana nun pub da localidade.

En concreto, segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o detido pasou este martes a disposición xudicial e a xuíza tivo en conta, á hora de envialo a prisión, a “gravidade da pena” á que podería ser condenado por estes feitos e o “risco de fuga” dada a falta de arraigamento en Vilalba.

O home está investigado por un delito de lesións con obxecto perigoso ou de homicidio en grao de tentativa, algo que será concretado ao longo da instrución.

Os feitos producíronse ao redor das 4,30 horas da madrugada do domingo, cando unha disputa nun pub de Vilalba acabou en apuñalamento. O ferido foi trasladado a un centro médico e foi necesario darlle numerosos puntos de sutura, mentres que o presunto autor foi detido.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha muller en Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma dun tractor

O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir...

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...