InicioSucesosDeteñen en Monterroso ao presunto autor dun roubo a unha peregrina en...

Deteñen en Monterroso ao presunto autor dun roubo a unha peregrina en cadeira de rodas en Melide

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo este venres nun hostal do municipio lucense de Monterroso ao autor dun roubo a unha peregrina en cadeira de rodas á saída da localidade coruñesa de Melide esta semana.

Segundo informou o Instituto Armado, a vítima presentou denuncia e, tras unha investigación, localizaron ao presunto autor dos feitos nun hostal de Monterroso.

Trátase dun home residente no concello lucense de Palas de Rei con antecedentes por feitos similares. Hai uns meses, indicou a Garda Civil, fora detido en Melide por roubos con violencia a persoas maiores en inmediacións a entidades bancarias deste municipio. Ao parecer, seguíaas ao saír do banco e arrebatáballes o bolso polo procedemento do tirón.

Por estes feitos, algunhas vítimas sufriron lesións de consideración polo que o xulgado decretou o seu ingreso en prisión, da que saíra uns días antes de cometer este último delito polo que está a ser investigado. Este venres a Garda Civil procedeu á súa detención como autor destes feitos e na mañá deste sábado foi posto a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...