InicioSucesosCinco detidos por tres roubos en Vilalba, dous deles con violencia

Cinco detidos por tres roubos en Vilalba, dous deles con violencia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo nos últimos días a cinco persoas acusadas de cometer tres roubos, dous deles con violencia, cometidos en Vilalba. Trátase de tres casos diferentes que foron difundidos polo Instituto Armado este venres nun comunicado, no que tamén informa da detención doutros dous homes residentes en Vegadeo (Asturias) por un furto nunha perfumaría de Ribadeo da que levaron 1.000 euros

Tres dos cinco detidos polos roubos en Vilalba están acusados dun delito de furto cometido nunha vivenda, da que levaron xoias valoradas en 15.000 euros.

Trátase de dúas mulleres, veciñas de Lugo e Cospeito de 28 e 33 anos, respectivamente; e dun home de 40 anos residente en Vilalba. Segundo a Garda Civil, este tres persoas venderon gran parte das xoias en distintos establecementos da cidade de Lugo.

As pescudas determinaron que o exmarido da denunciante era un dos responsables nos feitos, posto que as xoias estaban na casa que lle cedeu tras a separación. Nunha visita, a vítima decatouse de que faltaban os obxectos e presentou unha denuncia ante a Garda Civil.

Por outra banda, a Benemérita tamén arrestou a un home residente na capital luguesa ao que se atribúe un roubo con violencia polo método do tirón.

Os feitos producíronse en Vilalba, cando a vítima camiñaba soa en dirección á súa casa e foi abordada por dous homes que viaxaban nun coche e que pediron á muller que se detivese coa escusa de preguntarlle por unha dirección.

Nese momento, o home que viaxaba no asento de copiloto agarrou o bolso e a chaqueta que levaba colgados mentres o seu compañeiro aceleraba. A vítima foi arrastrada polo chan, o que lle causou feridas polas que tivo ser atendida nun centro de saúde.

Un dos responsables do roubo foi identificado e detido o 22 de novembro. Os axentes recuperaron parte dos efectos roubados para a súa devolución á súa dona. A investigación continúa aberta para tratar de identificar o outro responsable dos feitos.

Por último, outro home foi detido por levar 2.000 euros do interior dunha casa de Vilalba, á que accedeu usando unha lámina para abrir a fechadura da porta.

Os investigadores determinaron que o resposnable deste roubo con forza cometido o pasado mes de agosto era do círculo familiar das vítimas, que se atopaban ausentes da súa vivenda cando o detido aproveitou para entrar no domicilio e subtraer o diñeiro en metálico que había nun dos dormitorios.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...