InicioSucesosFerido un home en Vilalba ao saírse da vía cando trataba de...

Ferido un home en Vilalba ao saírse da vía cando trataba de esquivar a uns ciclistas

O home foi trasladado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun turismo resultou ferido ao saírse da vía co vehículo que conducía cando trataba de esquivar a uns ciclistas en Vilalba. Segundo recolle o último parte de información da Central 112, o sinistro tivo lugar sobre as 16,30 horas, na LUP-6502, no quilómetro 7, dirección San Simón. Os bombeiros de Vilalba axudaron a saír ao home que, ao quedar o coche apoiado nun noiro, tiña dificultades para saír polos seus propios medios.

De feito, debido á posición “complexa” na que quedou o turismo, os bombeiros tiveron que empregar a porta traseira do vehículo para sacar á persoa.

Foron mobilizados os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil, ademais dos Bombeiros. O home foi trasladado en ambulancia ao Hospital Universitario Lucus Augusti da cidade de Lugo.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...