InicioSucesosCazan a dúas motos a máis de 210 quilómetros por hora na...

Cazan a dúas motos a máis de 210 quilómetros por hora na A-6 ao seu paso por Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil identificou a dous motoristas que foron captados a máis de 210 quilómetros por hora cando circulaban pola autovía A-6 ao seu paso polo termo municipal de Lugo.

Segundo informou este xoves o Insituto Armado, os feitos producíronse na tarde do pasado 9 de xullo á altura do quilómetro 495.100 da autovía, onde a DGT despregaba un control de velocidade.

Ás 19,30 horas, o detector de velocidade saltou ao paso dunha moto que circulaba a 219 quilómetros por hora. Inmediatamente despois pasou outra motocicleta que ía a 210 km/h.

Os pilotos foron identificados e enfróntanse a unha investigación como presuntos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria, velocidade excesiva e condución temeraria.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...

As vilas termais enxalzan en Guitiriz o potencial de Galicia, “principal destino termal de España”

A localidade luguesa de Guitiriz reuniu ás principais vilas termais galegas, que reivindicaron o...

Terá Lugo nova estación de tren e autovía a Santiago en 2025?

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, garantiu este venres en Lugo que...