InicioSucesosFerido grave un condutor tras saírse da vía en Xermade

Ferido grave un condutor tras saírse da vía en Xermade

Os Bombeiros procederon a excarcerar por completo o teito do vehículo para evacuar o condutor, quen recibiu asistencia sanitaria no punto antes de ser trasladado ao centro hospitalario.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa tivo que ser excarcerada tras saírse da vía e resultar ferida de gravidade en Xermade na madrugada deste luns. O ferido foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Ás 1,15 horas desta madrugada, o 112 Galicia atendía a chamada dun particular que informaba dunha saída de vía na LU-P-2205, en Xermade. Aínda que nun primeiro momento non parecía necesaria a excarceración do condutor do vehículo, único implicado no accidente, os servizos sanitarios solicitaron finalmente a colaboración dos Bombeiros de Vilalba pola imposibilidade de extraer o ferido sen poñer en risco a súa seguridade.

Ante as difíciles condicións polo estado en que quedara o turismo, os efectivos dos Bombeiros que se presentaron no lugar procederon a excarcerar por completo o teito do vehículo para evacuar o condutor, quen recibiu asistencia sanitaria no punto antes de ser trasladado ao centro hospitalario.

Por último, requiriuse a intervención dos servizos de mantemento da estrada para despexar a vía e restablecer por completo a circulación.

ÚLTIMAS

Un matrimonio de avanzada idade falece nun choque entre un camión e un turismo en Antas do Ulla

Dúas persoas, un matrimonio de avanzada idade, faleceron este martes nun accidente de tráfico...

Os gandeiros manteñen a tractorada en Lugo e o BNG denuncia a “competencia desleal” de Mercosur

Os gandeiros de Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema, concentrados na cidade de Lugo...

Terremoto político no PSOE de Lugo: María Reigosa dáse de baixa como militante, pero o alcalde di que segue no grupo

A concelleira do Concello de Lugo María Reigosa pediu a baixa como militante do...

‘360 curvas’: o documental que conta a loita do pobo da Fonsagrada contra o illamento

A loita dun pobo galego contra o seu illamento e o éxodo rural son...