InicioLugo e contornaDetida unha parella por agredirse mutuamente no marco dunha discusión en Lugo

Detida unha parella por agredirse mutuamente no marco dunha discusión en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha parella de mozas por agredirse mutuamente no marco dunha discusión na capital luguesa.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, sobre as 1,30 horas deste 7 de xullo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada á rúa Paseo do Estudantes porque un home e unha muller agredíanse mutuamente.

Os axentes desprazados acharon no lugar a un home de 28 anos de idade co “torso espido”, relatan as mesmas fontes, e “sen zapatos”, quen manifestou que momentos antes tivera unha discusión coa súa parella, por mor da cal se agrediron mutuamente con “diversos golpes”. Os policías observaron que presentaba “varias erosións no pescozo e cara”, engadiron.

A escasos metros, sinalaron as mesmas fontes, estaba a muller, da mesma idade, “moi nerviosa e alterada”, destaca a Policía Local, quen manifestou que discutira coa súa parella e chegaron a ameazarse e golpearse mutuamente. Segundo dixo, non era a primeira vez que ocorrían feitos similares.

Tras iso, os axentes procederon á detención de ambos e ao traslado do home a un centro sanitario e á muller ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo para ser atendidos. Posteriormente foron levados a dependencias policiais para instruír dilixencias para o xulgado.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece unha muller en Vilalba tras sufrir unha descarga eléctrica coa toma dun tractor

O 112 informou do falecemento dunha muller no concello lucense de Vilalba tras sufrir...

Darío Villanueva será Fillo Predilecto de Vilalba pese absterse o BNG e non ter a unanimidade do pleno

Darío Villanueva será nomeado Fillo Predilecto de Vilalba despois de que a proposta por...

Besteiro pechará a campaña en Lugo

Os principais partidos de Galicia teñen unhas apertadas axendas para a xornada final da...

PSOE e PP enfróntanse en Lugo polo mitin de Besteiro: acusacións de “sectarismo” e “manipulación”

A campaña electoral das eleccións xerais do 29 de novembro chega á súa recta...