InicioSociedadeMultado con 900 euros por mexar fronte a un edificio en Lugo...

Multado con 900 euros por mexar fronte a un edificio en Lugo mentres lle facían unha proba de alcoholemia

Outros tres foron multados no entorno da Catedral.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo sancionou con 900 euros de multa ao condutor dun vehículo que se puxo a ouriñar fronte á fachada dun edificio mentres se realizaban os trámites dunha proba de alcoholemia.

Segundo informou a Policía Local, tramitou acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia contra o condutor dun vehículo que, cando realizaba os trámites dunha proba de alcoholemia, púxose a ouriñar fronte á fachada dun inmoble de Carril dos Loureiros.

Por outra banda, indicaron as mesmas fontes policiais, este pasado fin de semana a Policía Local realizou tres actas de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia a tres novos que ouriñaban na vía pública. Un deles, detallaron as mesmas fontes, ouriñou contra a fachada da Catedral de Lugo e dous na rúa Clérigos, polo que todos eles foron propostos para sanción de 900 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...