InicioSociedadeChoca contra dous coches estacionados en Lugo cuadriplicando a taxa de alcol...

Choca contra dous coches estacionados en Lugo cuadriplicando a taxa de alcol e sen ITV

Foi proposta para sanción de 1.700 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou a un condutor que cuadriplicou a taxa máxima de alcoholemia permitida tras chocar con deus coches aparcado na cidade cun vehículo coa ITV caducada e sen seguro, o que supón multas que suman uns 1.700 euros.

Segundo informou a Policía Local, ás 4,40 horas deste 1 de xullo o equipo de Atetados da Policía Local acudiu á rúa Pascual Veiga por un accidente no que un vehículo chocou contra dous estacionados.

O condutor presentaba “signos de embriaguez”, destacan as mesmas fontes, polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica nas que obtivo positivo de 1,1 mg/l, que supón catro veces máis que a taxa máxima permitida.

Por iso, instruíronse dilixencias por delito contra a seguridade viaria e comprobaron os axentes que o vehículo carecía de seguro obrigatorio e o titular non pasara a ITV no prazo debido. Por iso abríuselle expedientes sancionadores con multas de 1.500 e 200 euros respectivamente por estas infraccións.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...