InicioSucesosMultado con mil euros e retirada de 6 puntos do carné un...

Multado con mil euros e retirada de 6 puntos do carné un condutor ebrio tras chocar cun turismo estacionado en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor foi multado con mil euros e a retirada de seis puntos do carné de condutor tras duplicar a taxa máxima de alcoholemia permitida despois de desviarse da súa traxectoria e chocar contra un turismo estacionado na cidade de Lugo.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, ás 16,00 horas deste pasado 1 de maio un equipo de Atestados desprazouse á rúa Tui porque se produciu un accidente de circulación no que un vehículo se desviou da súa traxectoria e chocou con orto que acaba de aparcar e o seu condutor aínda se atopaba no seu interior.

As mesmas fontes sinalaron que, debido ao impacto, desprazouse o vehículo estacionado e chocou á súa vez cun terceiro. Os axentes observaron que o condutor que provocou o accidente presentaba “signos de embriaguez”, polo que foi sometido a un control de alcoholemia. Na proba o condutor obtivo positivo de 0,50 mg/l, polo que se abriu expediente sancionador con multa de mil euros e a retirada de seis puntos do permiso de conducir. Pola súa banda, concretou a Policía Local, o condutor do vehículo estacionado necesitou asistencia sanitaria.

ÚLTIMAS

Altri en Palas de Rei: Pas Viva opónselle por riscos ambientais e sociais

As colectivo Pas Viva da Plataforma Ulloa Viva celebrou un acto para mostrar o...

Piden nove anos de cárcere para tres gandeiros que obrigaban aos seus empregados a traballar 13 horas ao día

A Audiencia de Lugo xulgará este martes a tres gandeiros de Guntín que obrigaban...

Excarcerados pai e fillo en Palas de Rei tras envorcar o vehículo no que viaxaban

Un pai e o seu fillo, menor de idade, foron excarcerados en Palas de...

Detido un refuxiado en Becerreá por presuntas agresións sexuais a dúas traballadoras dunha ONG

A Garda Civil detivo a un home, unha das persoas migrantes que acolle a localidade...