InicioAncaresPedrafita do CebreiroFalece o frade condenado por abusos sexuais en Pedrafita

Falece o frade condenado por abusos sexuais en Pedrafita

O alcalde da localidade lamentou o seu falecemento e mesmo asegurou que lle "custaba crer" os abusos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O frade franciscano que desempeñaba o seu labor en Pedrafita do Cebreiro e que fora condenado a 12 anos de cárcere por abusos sexuais a unha menor e a un primo desta, que presentaba unha discapacidade intelectual, morreu esta semana no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

O alcalde de Pedrafita, José Luís Raposo, lamentou o falecemento deste relixioso que se producía cando estaba ingresado na capital provincial tras ser trasladado desde a prisión de Bonxe, onde cumpría esta condena que en novembro de 2021 era ratificada polo Tribunal Supremo.

Os delitos que foron xulgados na Audiencia Provincial de Lugo remóntanse a finais de 2014 e principios de 2015, cando se cometeu ese abuso sexual continuado a unha menor de 16 anos e polos tocamentos a un primo da vítima, que padecía unha discapacidade intelectual leve.

O rexedor de Pedrafita non dubidou en lamentar a súa morte: “Do que lle coñecín, pola colaboración cos servizos públicos do Concello, foi un exemplo. Despois, que tivese outras cousas, non o sei”. “Aquí fixo un traballo de divulgación importante, polo menos ao principio e ao nivel de colaborar co Concello en todas as cousas que se facían e vía que era útil. Tanto el como todos os franciscanos foron un exemplo”, insistiu Raposo.

De feito, o alcalde confesou que si lle “sorprendeu” o caso dos abusos e mesmo deslizou que lle “custaba crelo”. “Posiblemente tivo un gran erro. Hai cousas que fixo ben e o que fixo ben hai que lembralo”, ponderou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...