InicioLugo e contornaLugoDetidos os 'sospeitosos habituais' de Lugo por roubar nunha empresa cárnica

Detidos os ‘sospeitosos habituais’ de Lugo por roubar nunha empresa cárnica

Trátase de dous rapaces de 25 e 26 que acumulan case 100 detencións.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron a dous mozos veciños da capital luguesa, que contan con máis dunha trintena de antecedentes cada un, como autores dun delito de roubo con forza, pola subtracción de mercadoría valorada en máis de 30.000 euros. Ademais, foi imputado un terceiro como colaborador necesario.

Segundo informou a Policía Nacional, os autores destes feitos, de 25 e 26 anos de idade, xunto co imputado, “acumulan case cen detencións por diferentes delitos”. Os feitos producíronse o pasado día 31 de xaneiro cando os dous mozos agora detidos, xunto co imputado, cortaron a rexa metálica de delimitación dunha empresa da cidade, para poder acceder ao almacén de estruturas metálicas utilizadas para colgar e almacenar a carne.

Para iso utilizaron unha furgoneta, un camión pechado e o terceiro co seu vehículo encargábase de dar cobertura pola zona, todo iso reflectido nas gravacións de vixilancia da empresa, relata a Policía. Despois de presentada denuncia nas dependencias da Policía Nacional, os investigadores, analizaron as imaxes para, a partir delas, proceder coas seguintes dilixencias de investigación. Así, localizaron a venda da mercadoría nunha cacharrería de Culleredo, onde supostamente a venderon por uns 3.000 euros.

A continuación, para poder establecer a conexión entre os vendedores e os autores do feito, unha vez realizadas todas as xestións, procedeuse á detención destes autores, así como a imputación dun terceiro como cooperador. Os detidos ingresaron en calabozos á espera de pasar a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...