InicioLugo e contornaLugoLocalizan ao autor da fuga de gas de Lugo nun prostíbulo abandonado

Localizan ao autor da fuga de gas de Lugo nun prostíbulo abandonado

O home recoñeceu ser o responsable dunha fuga intencionada que podería ter provocado grandes danos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo localizou nun edificio abandonado onde se situaba en Club Eros a un home que recoñeceu ser o autor da sabotaxe a unha instalación de gas na cidade que produciu unha fuga. Segundo relatou a Policía Local, o pasado 17 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada á rúa Juan Montes porque se produciu unha fuga de gas.

Os axentes comprobaron que a fuga se debía a uns “danos intencionados”, destacan as mesmas fontes policiais, causados por alguén que arrincara tubos e pezas “clave” da instalación de gas, “con grave perigo para a poboación”, subliñan. No marco das investigacións, un veciño manifestou que vira a un home no interior das zonas comunitarias cunha cazadora de cor “moi rechamante” e unha testemuña coincidiu coa versión deste veciño.

Os policías realizaron unha procura e localizaron no interior dun edificio abandonado, o coñecido no seu momento como o Club Eros, situado fronte ao parque de bombeiros, a un home de 56 anos que coincidía coas características achegadas. A preguntas dos axentes este home admitiu que era o autor destes feitos e concretou que causara os danos cun martelo. Tras iso, foi trasladado a dependencias policiais para a instrución das dilixencias.

ÚLTIMAS

O lucense Alejandro Álvarez, ‘Mellor Condutor de Autocares 2025’ na categoría Mundo na feira ‘ExpoBus Iberia’

ExpoBus Iberia é unha feira de transporte de viaxeiros por estrada que tivo lugar...

Os concursos de dereitos mineiros caducados en Pontevedra e Lugo quedan desertos

Os concursos públicos impulsados pola Xunta para dereitos mineiros caducados nas provincias de Pontevedra...

Atrasos no tren A Coruña-Lugo tras a caída dunha furgoneta ás vías do tren en Begonte

A caída dunha furgoneta ás vías do tren na localidade lucense de Begonte provocou...

Morre un condutor nunha colisión entre dous coches e un camión en Lugo

Unha persoa faleceu na mañá deste venres en Lugo tras producirse unha colisión frontal...