InicioA UlloaMonterrosoDúas persoas evacuadas con síntomas de intoxicación polo mal funcionamento dun quentador...

Dúas persoas evacuadas con síntomas de intoxicación polo mal funcionamento dun quentador en Monterroso

Un incendio devora por completo unha vivenda en Antas de Ulla sen deixar persoas feridas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas na noite do venres, día de Noiteboa, con síntomas de intoxicación por inhalación de gas procedente do mal funcionamento dun quentador en Monterroso.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu nun domicilio do lugar de Fufín. Alí, os equipos de intervención comprobaron como un escape de gas producido por un quentador provocou malestar xeral aos dous ocupantes da vivenda.

A chamada de alerta ao 112 realizouna un dos implicados preto das 22,00 da noite. Durante esta comunicación, esta persoa sinalaba que el e un familiar comezaran a sentirse mal mentres cociñaban a cea. De feito, un deles chegou a perder o coñecemento. Segundo o seu relato, tal e como engade a central de emerxencias, ambos abandonaron a vivenda ao desconfiar que os síntomas podían estar relacionados cun escape de gas.

Finalmente, os servizos de emerxencia comprobaron que un quentador da vivenda tiña a ventilación obstruida, o que puido ocasionar a acumulación nociva de gas. Os ocupantes do inmoble tiveron que ser evacuados polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao momento de atención continuada (PAC) e, posteriormente, trasladados ao centro hospitalario de referencia.

INCENDIO NUNHA VIVENDA EN ANTAS DE ULLA

Por outra banda, un incendio rexistrado o venres devorou por completo unha vivenda no municipio lucense de Antas de Ulla, concretamente na parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante. Afortunadamente, ninguén resultou ferido.

ÚLTIMAS

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...