InicioSociedadeDous detidos por tráfico de drogas nunha redada en clubs de alterne...

Dous detidos por tráfico de drogas nunha redada en clubs de alterne de Lugo

O dispositivo saldouse coa identificación de 52 persoas, das que 32 eran mulleres que se atopaban en varios clubs.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional levou a cabo unha redada en clubs de alterne da provincia de Lugo no marco da que foron detidos dous homes por tráfico de drogas e incautadas máis de 200 dose, ademais de ser localizadas catro mulleres en estancia ilegal.

Segundo informou a Policía Nacional, axentes adscritos á Comisaría Provincial de Lugo, encargados da investigación dos delitos relacionados coa Estranxeiría, levaron esta operación policial destinada á loita contra a explotación sexual, mendicidade forzada e delincuencia forzada.

Esta redada, detalla a Policía, enmárcase dentro os días de acción conxunta Empact TSH 2021, coordinada por Europol e liderada por España para “favorecer a estreita colaboración entre os estados membros da UE“.

Entre os obxectivos a desenvolver, detalla a Policía, atópase a identificación de sospeitosos e detencións en relación á trata de seres humanos cos fins antes sinalados, así como a identificación e protección das vítimas, incautación de bens de orixe delituosa, prevención e loita contra os casos de falsificación de documentos e o desenvolvemento de novas investigacións.

Os funcionarios policiais da Brigada de Estranxeiría da Comisaría da Policía Nacional de Lugo organizou o dispositivo en varios clubs de alterne da provincia de Lugo, que contou coa colaboración de efectivos da Inspección de Traballo e Seguridade Social, grupo operativo de policía xudicial de drogas e indicativos de seguridade cidadá da Comisaría Provincial de Lugo.

O dispositivo saldouse coa identificación de 52 persoas, das que 32 eran mulleres que se atopaban en varios clubs de alterne da provincia de Lugo e catro delas atopábanse en situación irregular en territorio español.

Por parte do grupo operativo de drogas practicouse a detención de dúas persoas por tráfico de estupefacientes nun club de alterne e realizado tres actas de intervención de estupefacientes a tres mozas que exercían a prostitución. En total interviñéronse 250 doses de cocaína, así como diversos útiles destinados á venda de droga e diñeiro en efectivo por importe de 2.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

Pechado o programa de actividades para o 8M da área de Muller do Concello de Lugo

A área de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo pechou o programa...

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...