InicioSucesosDenunciados por ruídos en Lugo alegan que xogaban "á Play Station de...

Denunciados por ruídos en Lugo alegan que xogaban “á Play Station de forma acalorada”

Foron requiridos para que cesasen os ruídos, o que fixeron ao instante, matizou a Policía Local, que tramitou acta de denuncia por infracción á ordenanza de Protección Ambiental.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Uns mozos alegaron á Policía Local de Lugo que xogaban “á Play Station de forma acalorada” tras acudir axentes municipais ao domicilio no que se atopaban despois de ser denunciados ruídos por veciños.

Segundo relatou a Policía Local, sobre as 22,40 horas do pasado xoves día 23 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno foi enviada a un edificio da rúa Nicomedes Pastor Díaz.

As mesmas fontes policiais aclararon que acudiron á zona porque veciños denunciaron “ruídos molestos” procedentes dunha vivenda que “ao parecer está ocupada por mozas que non pararban de organizar festas”, engaden.

Os axentes escoitaron desde as escaleiras da inmoble música “en ton moi alto”, polo que procederon a identificar ao responsable, que manifestou que estaba reunido cuns amigos “xogando á Play Station de forma acalorada” e que “non eran conscientes” das molestias que ocasionaban.

Por iso, foron requiridos para que cesasen os ruídos, o que fixeron ao instante, matizou a Policía Local, que tramitou acta de denuncia por infracción á ordenanza de Protección Ambiental.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...