InicioTerra CháCastro de ReiFalece unha persoa tras quedar atrapada baixo un tractor en Castro de...

Falece unha persoa tras quedar atrapada baixo un tractor en Castro de Rei

Aconteceu arredor das 12:00 deste venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha persoa faleceu este venres tras quedar atrapada baixo un tractor nunha leira situada no lugar do San Queitano, en Castro de Rei. Segundo detallou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar pouco antes das 12,00 horas, cando os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertaron do accidente.

Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112 Galicia) solicitaron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento da persoa accidentada, que tivo que ser liberada do vehículo polos bombeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...