InicioTerra CháBegonteUn lume leva por diante unha vivenda en Begonte

Un lume leva por diante unha vivenda en Begonte

A edificación derrubouse sen provocar danos persoais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os medios de extinción deron por sufocado o incendio orixinado no interior dunha vivenda do lugar dos Currás, en Begonte, e que afectou á súa totalidade.

En concreto, os feitos tiveron lugar este luns sobre as 16,00 horas, cando un particular alertou ao 112 Galicia da presenza do lume nunha vivenda. Posteriormente, os xestores do centro trasladaron a situación aos Bombeiros dos parques de Vilalba e de Lugo e aos axentes da Garda Civil, así como aos servizos médicos.

Na madrugada deste martes, os Bombeiros de Vilalba confirmaron ao 112 Galicia que as chamas foran extinguidas. Ademais, indicaron que o lume afectara á totalidade da vivenda, que se derrubou sen provocar danos persoais.

Así mesmo, os medios de extinción indicaron que os rescoldos acumulados podían provocar que a zona seguise humeando ou que se reavivasen pequenos focos de lume, que se controlarían. En todo caso, aseguraron que en ningún caso podían supor un perigo para as vivendas próximas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo aproba o maior orzamento da súa historia: 155,2 millóns de euros para 2027 co voto en contra do PP

A Deputación de Lugo contará en 2027 co maior orzamento da súa historia, cun...

A Fiscalía de Lugo toma cartas no asunto tras as ameazas de bomba en decenas de centros educativos

A Fiscalía Provincial de Lugo abriu de oficio dilixencias de investigación para esclarecer a...

Lugo estrea por fin a súa nova estación intermodal: 49 millóns de investimento e unha reivindicación pendente

Lugo dá un paso importante na modernización das súas infraestruturas de transporte coa entrada...

Feridas dúas persoas nunha colisión entre dous vehículos no Corgo

Os condutores de dous vehículos implicados nunha colisión na estrada N-V, ao seu paso...