InicioSucesosFamiliares dos mortos no crime do Cash Récord asistirán á declaración do...

Familiares dos mortos no crime do Cash Récord asistirán á declaración do principal sospeitoso

O acusado é un hostaleiro que reside agora en Burgos e que en abril de 1994 rexentaba o bar Los Ángeles na rúa Nova de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os familiares do dobre crime do Cash Récord, ocorrido en 1994 no polígono industrial do Ceao, en Lugo, acudirán á declaración do principal sospeitoso, un hostaleiro que reside agora en Burgos, que está prevista para o vindeiro martes, 13 de xullo (10,30 horas).

A titular do xulgado de primeira instancia número un de Lugo, que leva a investigación, chamou a declarar a este home que no momento dos feitos, en abril de 1994, rexentaba o bar Los Ángeles na rúa Nova de Lugo.

Unha toma de declaración que Isabel López, a irmá dunha das vítimas, vive cun “certo alivio”, pois por fin faise “caso” ás familias.

“A ver que resulta desa declaración, que seguro que vai achegar cousas. É como unha pequena vitoria e estamos moi contentos”, subliñou Isabel López, que foi quen descubriu os cadáveres do repoñedor do Cash Récord, Esteban Carballedo, e da súa irmá, caixeira no negocio almacenista, pasadas as oito da tarde dese 30 de abril de 1994.

Avanza que a súa “intención” é acudir ao xulgado o día da declaración. “Sempre dixen que lle quería pór cara (ao presunto asasino) porque non o coñecía. Cando chegue (ao xulgado) quero estar alí e que me vexa”, ha afirmdo.

As familias das vítimas sospeitaban desde hai tempo dese hostaleiro polos moitos “indicios” recollidos durante unha investigación “errada” desde o primeiro momento por parte da Policía Nacional.

“Agora dannos a razón, e ademais no xulgado vanlle imputar outros casos. Posiblemente si que sexa el“, sostén.

Isabel López asumiu, desde a morte da súa irmá, a tutela dos seus dous sobriños, quen apoiaron seguir coa presión xudicial para identificar o asasino da súa nai.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...