InicioSucesosO incendio do Ceao segue sen ser extinguido na súa totalidade

O incendio do Ceao segue sen ser extinguido na súa totalidade

Bombeiros controlan de forma exhaustiva a zona para evitar bolsas de aire que poidan provocar combustións

PUBLICADA O

- Advertisement -

O incendio no polígono industrial do Ceao, que afectou a seis naves, segue sen estar extinguido na súa totalidade cinco días despois de iniciarse.

Diso informou este venres a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen destacou que “o incendio está controlado, pero non apagado na súa totalidade”. “Si que é verdade que cada día que pasa vai minorando, e séguese ‘in situ’ facendo un control exhaustivo da zona para evitar calquera risco que se poida dar”, explica sobre o lume iniciado o pasado domingo.

Deste xeito, “faise un seguimento” por parte dos bombeiros “para que nos próximos días se poida certificar que está apagado o lume xa na súa totalidade”.

A rexedora lucense advertiu que, este “seguimento” faise por “se pode quedar unha bolsa de aire mergullada que vaia a provocar algún tipo de combustión, e ante a dúbida hai constantemente un retén de bombeiros”. “A refrixeración vai cambiando, antes estabamos constantemente botando auga e agora xa non se fai como nos primeiros días. Baixouse en canto a intensidade”, explicou.

Sobre a volta á normalidade no pulmón económico da cidade de Lugo, Lara Méndez confesou que é “difícil” dar prazos “porque os técnicos tampouco saben a previsión de como vai evolucionar esta situación”. “Como dicimos, o lume está controlado pero non apagado, e hai que ser cautos e ver o día a día”, incidiu.

A alcaldesa subliñou que “salvo un dos afectados” das seis empresas, ao “que lle ardeu todo”, o resto tiñan outras naves, o que lles permitiu seguir coa actividade”. “Quero agradecer o esforzo dos empresarios para manter os postos de traballo (máis de cen) nunha situación tan complicada e tan complexa”, valorou finalmente Lara Méndez.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...