InicioSucesosSancionado tras emitir un vídeo en redes sociais no que saía fumando...

Sancionado tras emitir un vídeo en redes sociais no que saía fumando e sen máscara pola rúa

A Policía Local de Lugo recibiu aviso do suceso por parte dunha persoa que vive en Alacante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou proposta de sanción contra un cidadán que foi localizado camiñando pola rúa, sen máscara e fumando, tras recibir un aviso dunha persoa que vive en Alacante, e que vira ao suposto infractor nun vídeo en directo en redes sociais.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos ocorreron na mañá do pasado xoves. Tras recibir o aviso, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio localizou a este home na Avenida de Ramón Ferreiro, precisamente cando estaba a acabar o vídeo en directo. Unha vez identificado foi proposto para sanción por non usar máscara e por fumar sen garantir a distancia interpersoal.

Ademais, durante o pasado fin de semana, a Policía Local de Lugo tramitou outra trintena de denuncias por infraccions da normativa sanitaria antiCOVID, entre elas, a varias persoas que participaron en festas particulares de madrugada, sen usar máscara e sen respectar as restricións sobre reunións de non conviventes e sobre o toque de queda.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...