InicioSucesosDenunciado un bar de Lugo que tiña o dobre de xente da...

Denunciado un bar de Lugo que tiña o dobre de xente da permitida

No interior do local había 24 persoas, cando só poderían estar once.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo levantou este pasado fin de semana unha acta de denuncia contra un local de hostalaría que duplicaba a capacidade máxima permitida segundo as restricións para evitar a propagación da covid-19.

Segundo informaron os axentes, o local, situado no Carril dos Loureiros, tiña no seu interior 24 persoas, cando a capacidade máxima do establecemento é de 22 e, a causa das restricións, unicamente podería haber once persoas.

Durante a fin de semana, así mesmo, levantáronse outras catro actas de denuncia por infraccións relacionadas co cumprimento de medidas anticovid. En concreto, foron dúas denuncias por non facer uso da máscara de protección pertinente e outras dúas por transitar entre as 23,00 e as 6,00 horas sen causa xustificada.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...