InicioSucesosOs servizos de emerxencia rescatan dúas familias en Cervantes atrapadas pola neve

Os servizos de emerxencia rescatan dúas familias en Cervantes atrapadas pola neve

As familias foron axudadas polos voluntarios de Protección Civil da localidade, que lograron sacar da neve uno dos coches e trasladar ás familias a unha zona segura, desde onde retomaron a viaxe a Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas familias foron rescatadas polos servizos de emerxencias despois de quedar atrapadas pola neve nos seus vehículos no Alto da Baña, no municipio lugués de Cervantes. Os afectados, catro adultos e tres menores, chamaron ao 112 Galicia minutos antes das 22,00 horas do sábado para pedir axuda ante a imposibilidade de avanzar ou retroceder cando circulaban pola estrada que une O Piornedo e Lugo.

En primeiro lugar, as familias foron axudadas polos voluntarios de Protección Civil da localidade, que lograron sacar da neve uno dos coches e trasladar ás familias a unha zona segura, desde onde retomaron a viaxe a Lugo.

Mentres tanto, segundo detalla o CIAE 112 Galicia, un familiar dos afectados chamou ao 112 alertado pola falta de noticias da súa filla, xenro e neta, que viaxaban desde Navia de Suarna a Lugo. Os xestores do 112 comprobaron a coicidencia dos datos e puxeron ao pai en contacto co operativo de rescate destas dúas familias.

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

What do you want to do ?

New mail

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...