InicioSucesosDenunciados por incumprir o toque de queda e por ir sen máscara

Denunciados por incumprir o toque de queda e por ir sen máscara

A Policía Local explica que unha das persoas estaba "tusindo e molestando os viandantes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron esta fin de semana a dúas persoas na cidade por saltar o toque de queda, así como a outros catro cidadáns por non levar posta a máscara obrigatoria mentres transitaban pola vía pública.

Os dous primeiros foron interceptados pola rúa o pasado sábado, 7 de novembro, despois das 23:00 horas. Ningún deles puido xustificar o motivo para incumprir o toque de queda decretado polo Goberno de España, de modo que agora enfróntanse a unha posible sanción de entre 600 e 30.000 euros.

O mesmo día tamén foron denunciadas catro persoas por non facer uso da máscara nas rúas Camiño Real e Avenida da Coruña. De feito, unha das persoas denunciadas  estaba “tusindo e molestando os viandantes nunha zona de notable tránsito peonil”, explica a Policía Local nun comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...