InicioSociedadeA policía cólleo saltando un semáforo en vermello e comproba que vai...

A policía cólleo saltando un semáforo en vermello e comproba que vai ebrio

Aconteceu en Lugo. O condutor foi multado con 200 e unha pena de cárcere de ata 6 meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor dun vehículo en Lugo foi sancionado con 200 euros de multa e catro puntos do carné de conducir por saltarse un semáforo en vermello e, ademais, enfróntase a entre tres e seis meses de prisión tras triplicar a taxa de alcol máxima permitida. Tamén se lle retirará o permiso de circulación.

Segundo informou a Policía Local, sobre as 2,20 horas deste mércores, unha patrulla do operativo nocturno observou que un vehículo, que circulaba pola rúa Montefaro, “non respectou a luz vermella do semáforo”, situado na confluencia coa avenida Infanta Elena.

Desta maneira, os axentes déronlle o ‘alto’, o que lles serviu para comprobar que o condutor presentaba signos de embriaguez, polo que foi sometido ás probas de detección de alcol. Así, arroxou un resultado positivo de 0,70 mg/l, o que significa tres veces máis a taxa máxima establecida.

Así, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de xuízo rápido.

SANCIÓNS E PENAS

Finalmente, o condutor foi sancionado por non respectar a luz vermella do semáforo con 200 euros e a retirada de catro puntos do permiso de conducir.

Ademais, enfróntase a unha pena de tres a seis meses, e á multa de seis a 12 meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 39 días.

En calquera caso, estará privado do dereito a concudir vehículos de motor por tempo superior a un ano e ata catro anos.

+ posts

ÚLTIMAS

CC.OO. reclama máis seguridade tras a morte de dous operarios na A-8 nunha concentración en Lugo

Preto dun centenar de persoas participaron este venres nunha concentración diante da Demarcación de...

A neve volta a Lugo por riba dos 700 metros

A Agencia Estatal de Meteorología (AEMET) activou un aviso amarelo por neve tanto na...

Congreso de xerontoloxía e xeriatría no Pazo de San Marcos no mes de maio

O Pazo de San Marcos acollerá o 22 e 23 de maio a 26...

A Deputación inviste case 2.5 millóns de euros na mellora de estradas provinciais

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou investimentos por case 2,5M€ para...