InicioSucesosA Policía Local intervén unha festa con 18 persoas non conviventes a...

A Policía Local intervén unha festa con 18 persoas non conviventes a pesar da limitación a dez persoas

Os axentes comprobaron que se escoitaban voces e cánticos "en todo alto", indicaron as mesmas fontes, polo que se procedeu á identificación da responsable da vivend

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interveu nunha festa nun domicilio, tras unha denuncia por ruído, na que había 18 persoas non convivientes a pesar de estar limitadas as reunións a 10 persoas nesa área sanitaria.

Así o informou a Policía Local de Lugo, que explicou que sobre as 21,20 horas do 30 de setembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acudiu a unha vivenda da rúa Miño onde, segundo denunciaron veciños, había unha festa “que ocasionaba moitas molestias”.

Os axentes comprobaron que se escoitaban voces e cánticos “en todo alto”, indicaron as mesmas fontes, polo que se procedeu á identificación da responsable da vivenda. Segundo manifestaron, celebraban unha festa de aniversario, con 12 adultos e dous nenos, “todos sen máscara de protección e moitos deles non convivientes”.

Por iso, tramitaron acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, xa que a vixente normativa, subliña a Policía Local, para o municipio de Lugo “limita os grupos de persoas para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, a un máximo de dez persoas, excepto no caso de persoas convivientes”.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...